AEIGA levará a cabo a formación “O EMPRENDEMENTO E AS EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL” do 04 ao 11 de xuño de 2018 no CENTRO SOCIOCULTURAL O ENSANCHE (Rúa Frei Rosendo Salvado 14/16, Santiago de Compostela),  dentro da Programación da Rede Eusumo.

* A Rede Eusumo é : unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento e consolidación do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.