PERSOAS BENEFICIARIAS DA INSERCIÓN A TRAVES DA E.I.L.

A inserción sociolaboral a través das E.I.L. está dirixida a persoas desempregadas en situación ou risco de exclusión social.

Deben concorrer nun ou varios factores de exclusión (recollidos no decreto 156/2007).


FACTORES DE EXCLUSIÓN SOCIOLABORAL

  1. A discapacidade física, psíquica ou sensorial, ou a enfermidade mental, en graos que dificulten pero non imposibiliten a súa inserción laboral ordinaria
  2. A condición de persoa en proceso de rehabilitación e socialización normalizada, por proceder dunha situación de desestruturación persoal e familiar, de conflito co contorno, ou rexeitamento social tales como adiccións a drogas ou alcohol, o exercicio de prostitución, o cumprimento de penas privativas de liberdade, etc.
  3. A situación de cargas familiares non compartidas, agravadas por outros factores ou carencias persoais ou familiares
  4. A condición de inmigrante ou emigrante retornado, cando, polas súas características ou circunstanciais persoais, presenten especiais dificultades de integración no mercado laboral
  5. A condición de persoa sen fogar
  6. A procedencia de institucións de protección ou reeducación de menores
  7.  A condición de muller vítima de violencia de xénero que, por proceder de recursos específicos de acollida ou por calquera outra circunstancia, implique especiais dificultades de integración laboral
  8. A pertenza a determinadas minorías étnicas cando implique especiais problemas de integración laboral
  9. Calquera outro factor non previsto sempre que, ponderado polos servizos sociais no contexto persoal, familiar e social da persoa, condicione gravemente a súa empregabilidade

BENEFICIARIOS

  • As persoas beneficiarias da RISGA ou prestación de natureza equivalente e outros usuarios e usuarias do Plan Galego de Inclusión Social, tamén as perceptoras de axudas a vítimas de violencia de xénero xestionadas pola Comunidade Autónoma
  •  As persoas en situación ou risco de exclusión social que non accedan a dita prestación por falta do período de residencia ou empadroamento, características da unidade de convivencia, obriga de alimentos, idade ou tempo máximo de percepción
  • As persoas desempregadas inscritas ininterrompidamente na oficina de emprego durante 2 anos, as persoas desempregadas durante un período superior a 12 meses maiores de 45 anos e as admitidas no programa que contempla a axuda específica denominada Renda activa de inserción que o soliciten e que a criterio do Servizo Público de Emprego de Galicia ou entidades asociadas, requira a súa inclusión nun proceso de inserción a través dunha E.I.L. e que, en todo caso, se atopen en situación ou risco de exclusión social.

PROCESO DE CUALIFICACIÓN E CONTRATACIÓN

É necesaria a CUALIFICACIÓN previa da persoa interesada como beneficiaria, polo departamento da Admón. autonómica con competencias en materia de servizos sociais.

Para elo:

Os servizos sociais do concello de residencia do interesado emitirán un INFORME, (preceptivo e non vinculante) no que se acrediten a súa situación de exclusión social, de conformidade coas situacións e factores de exclusión e as súas especiais dificultades de acceso ao mercado laboral.

Logo da cualificación da persoa interesada como beneficiaria da inserción laboral, o Servizo Público de Emprego emitirá un INFORME no que se acrediten, con carácter previo á formalización do contrato cunha E.I.L., os seguintes extremos:

  • A condición de demandante de emprego do interesado/a (e que nos 2 anos antes non traballou nunha E.I.L. ou o tempo que estivo)
  • A súa idoneidade profesional para o posto de traballo de que se trate

TRÁMITES DE CONTRATACIÓN

  • CONVENIO DE INSERCIÓN: Previo á firma do contrato tense que proceder a firma dun convenio de inserción entre os servizos sociais do Concello, a empresa de inserción e a persoa traballadora en proceso de inserción.
  • CONTRATO DE TRABALLO: (ou vinculo social se pasa a ser socio traballador) poderá ser no modelo especifico de contrato de traballo en empresas de inserción ou calquera outro modelo de contrato de carácter temporal sempre que teña unha duración de a lo menos 6 meses e menos de 2 anos.