Aeiga e Cegasal abordan a implantación do Compliance penal nunha xornada online

Set 19, 2024 | Novas, Xornadas

A Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (Aeiga)  e a Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego (Cegasal) organizan o vindeiro venres 27 de setembro, de 10:00 a 12:30 horas, a xornada online ‘Implantación do Compliance penal en entidades de economía social’.  A formación, impartida por Marca Franca, celebrarase o vindeiro 27 de setembro de 10:00 a 12:30 horas                                                                                                                             

Finalidade: O encontro ten como propósito reunir a profesionais e representantes de organizacións da economía social interesados en fomentar a conciencia e as prácticas éticas nas súas entidades, axudándolles a previr riscos. Abordarase a actualización normativa a partir das obrigas da publicación da Lei 2/2023 en referencia ao sistema de comunicación interno de denuncias.

Os obxectivos da sesión poden resumirse en:

  • Proporcionar ferramentas e recursos prácticos para a elaboración e seguimento de programas de Compliance penal adaptados á realidade das empresas de economía social.
  • Comprender a lexislación sobre responsabilidade penal das persoas xurídicas en España e entender como pode afectar á empresa.
  • Entender os documentos e procesos chave dun programa de cumprimento.
  • Identificar os principais desafíos e oportunidades na implementación de medidas de Compliance penal en empresas de economía social.
  • Facilitar o networking, a colaboración e as sinerxías empresariais, propiciando interaccións, conexións e posibles alianzas estratéxicas entre as persoas asistentes con intereses afíns.

 

Participantes

A xornada está dirixida a profesionais e representantes de organizacións de economía social.

Para poder asistir, deben cubrir o seguinte formulario.

A participación no encontro é gratuíta.

 Organización

Este evento forma parte do programa de actuación 2024-2025 da Rede Eusumo, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, financiada polo Ministerio de Traballo e Economía Social.

Para máis información, poden contactar con AEIGA a través do correo electrónico aeigagalicia@aeiga.org com ou nos teléfonos 881 957 452 / 698 120 455.

 

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.