AEIGA e CEGASAL organizan a xornada formativa ‘Xestión local con impacto. Contratación reservada’

Feb 16, 2024 | Novas, Xornadas

A Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA) xunto coa  Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego (Cegasal)  convocan un evento de fomento da contratación reservada e compra responsable. Este encontro terá lugar o venres, 1 de marzo de 2024, de 10:00 a 14:00 horas no salón de actos do CERSIA Empresa, na Rúa do Alcalde Raimundo López Pol, Santiago de Compostela.

Finalidade e Obxectivos

Esta xornada busca potenciar a contratación reservada a Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social (CEEIS) e Empresas de Inserción (EI) en Galicia, dentro do marco da Ley 7/2022 de residuos y suelos contaminados para una economía circular así como da Ley 9/2017 de Contratos del Sector Público. Estas leis destacan a importancia da dimensión social, medioambiental e de innovación nos contratos públicos, ofrecendo novas oportunidades de crecemento para as entidades de economía social.

Os principais obxectivos desta xornada inclúen:

  • Ofrecer ferramentas e prácticas óptimas ao persoal técnico das entidades locais para a elaboración de pregos de contratación.
  • Fomentar e visibilizar os sectores de Transporte e Mobilidade e Economía Circular e Xestión de Residuos.
  • Analizar o escenario normativo da Contratación Reservada e a Compra Pública Responsable.
  • Facilitar o acceso á adxudicación de contratos públicos ás EI e CEEIS.

Programa

O evento contará con relatorios de expertos na materia, mesas redondas e presentacións sobre as mellores prácticas no sector. Ademais, haberá unha sección de networking para fomentar a colaboración entre as distintas entidades asistentes.

Participantes

Esta xornada está destinada a persoal técnico de contratación e representantes políticos da administración local, representantes de empresas e entidades de economía social e medios de comunicación.

A xornada poderá seguirse presencialmente ou por streaming.

As persoas poden inscribirse na seguinte ligazón

Cartel 

Organización e colaboradores

Este evento é parte do programa de actuación 2023-2024 da Rede Eusumo, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, financiado polo Ministerio de Traballo e Economía Social. Conta coa colaboración do Concello de Santiago e o patrocinio de Fiare Banca Ética.

Para máis información, poden contactar con AEIGA no correo electrónico info@aeiga.org e nos teléfonos  881 957 452

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.