Aeiga e Cegasal organizan en Santiago unha xornada formativa sobre a contratación reservada na Xunta de Galicia

Out 4, 2024 | Novas

A xornada busca potenciar a inclusión, a igualdade de oportunidades e o desenvolvemento sostible mediante a implementación de contratos reservados na administración autonómica.

A  Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (Aeiga)  e a Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego (Cegasal) eorganizan o vindeiro venres 18 de outubro, de 9:30 a 13:30 horas, a xornada formativa ‘Fomento da contratación reservada na Xunta de Galicia en sectores específicos’. O Edificio San Caetano (Sala B) acollerá este encontro, que supón a continuación da anterior sesión centrada na contratación reservada e compra responsable en sectores específicos da economía social en entidades locais e celebrada o pasado mes de marzo.

Obxectivo

A xornada busca potenciar a inclusión, a igualdade de oportunidades e o desenvolvemento sostible mediante a implementación de contratos reservados na administración autonómica que impulsen o emprego entre as persoas con discapacidade e aquelas en risco de exclusión.

Ao longo da mañá explicaranse os fundamentos e beneficios da contratación reservada no marco da Xunta de Galicia, abordarase o impacto da contratación pública reservada desde a perspectiva das diferentes consellerías, poñeranse enriba da mesa os retos aos que nos enfrontamos e compartiranse experiencias de éxito na implementación de contratos reservados.

Programa

A xornada incluirá presentacións de expertos, mesas redondas e boas prácticas.

Participantes

A xornada está dirixida ao persoal técnico de contratación e representantes políticos da administración autonómica, representantes de empresas e entidades de economía social, medios de comunicación e ao público en xeral.

Para poder asistir, deben cubrir o seguinte formulario.

Organización

Este evento forma parte do programa de actuación 2023-2024 da Rede Eusumo, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, financiada polo Ministerio de Traballo e Economía Social.

Para máis información, poden contactar con Cegasal a través do correo electrónico info@cegasal.com ou nos teléfonos 673 042 029 / 647 861 119.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.