AEIGA e Cegasal organizan en Santiago unha xornada formativa sobre a contratación reservada na Xunta de Galicia

Xuñ 14, 2024 | Novas, Xornadas

  • A xornada busca potenciar a inclusión, a igualdade de oportunidades e o desenvolvemento sostible mediante a implementación de contratos reservados na administración autonómica.

A Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA) e a Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego (Cegasal) organizan o vindeiro mércores 26 de xuño, de 9:30 a 13:30 horas, a xornada formativa ‘Fomento da contratación reservada na Xunta de Galicia en sectores específicos’.

O Auditorio 2 do Edificio Cinc da Cidade da Cultura acollerá este encontro, que supón a continuación da anterior sesión centrada na contratación reservada e compra responsable en sectores específicos da economía social en entidades locais e celebrada o pasado mes de marzo.

Obxectivo

A xornada busca potenciar a inclusión, a igualdade de oportunidades e o desenvolvemento sostible mediante a implementación de contratos reservados na administración autonómica que impulsen o emprego entre as persoas con discapacidade e aquelas en situación ou risco de exclusión social.

Ao longo da mañá explicaranse os fundamentos e beneficios da contratación reservada no marco da Xunta de Galicia, abordarase o impacto da contratación pública reservada desde a perspectiva das diferentes consellerías, poñeranse enriba da mesa os retos aos que nos enfrontamos e compartiranse experiencias de éxito na implementación de contratos reservados.

Programa – Cartel

A xornada incluirá presentacións de expertos, mesas redondas e boas prácticas. Tamén se promoverá a colaboración entre as diversas entidades presentes a través dun espazo de networking.

Participantes

A xornada está dirixida ao persoal técnico de contratación e representantes políticos da administración autonómica, representantes de empresas e entidades de economía social, medios de comunicación e ao público en xeral.

Para poder asistir, deben cubrir o seguinte FORMULARIO INSCRICIÓN.

Organización

Este evento forma parte do programa de actuación 2023-2024 da Rede Eusumo, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, financiada polo Ministerio de Traballo e Economía Social.

Para máis información, poden contactar con AEIGA a través do correo electrónico aeigagalicia@aeiga.org ou nos teléfonos 881 95 75 42 / 698 12 04 55.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.