AEIGA ORGANIZA OBRADOIROS DE FORMACIÓN DENTRO DO PROGRAMA INSIRE

Xan 20, 2015 | Cursos, Novas

AEIGA, en colaboración cos equipos de Inclusión de Arzúa, Lalín, Ames e Santiago, organiza Obradoiros de Formación dirixidos aos usuarios do II Plan de Inclusión.
Os Obradoiros terán lugar en Sigüeiro (Oroso) o 17, 18, 24 e 26 de setembro; en Cuntis o 14, 16, 18, 21, 23, 25, 28 e 30 de outubro; en Ordes o 29 e 31 de outubro; en Padrón o 28, 29, 30 e 31 de outubro e 4, 5, 6 e 7 de novembro; en Santiago o 11, 13, 15, 18, 20, 22, 25 e 27 de novembro e 2, 4 de decembro.

A Asociación de Empresas de Inserción de Galicia continuando no seu traballo de inserción sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión social organiza os presentes Obradorios de Formación dentro do seu “Programa Insire”
O Programa Insire enmárcase dentro das actividades de apoio ás empresas de inserción no establecemento de itinerarios de inserción personalizados e accións formativas dirixidas a persoas en situación de exclusión sociolaboral incorporadas a empresas de inserción laboral, coa novidade de que tamén vai dirixido a traballar cos equipos de inclusión social de Galicia para a mellora da formación das persoas en situación ou risco de exclusión social (que son os posibles usuarios das empresas de inserción)

OBXECTIVOS DO OBRADOIRO:
• Formar ós usuarios en habilidades sociais e orientación e preparación para a busca de empre-go .
• Proporcionarlles unha orientación na busca de emprego (elaboración dun Cv, Carta de presenta-ción ,presentación a entrevistas…..)
• Proporcionar coñecementos básicos en materia laboral (contrato, nómina, finiquito, dereitos e deberes laborais básicos)
• Iniciación en materia de igualdade (igualdade no traballo, igualdade oportunidades,etc)
• Dereitos de conciliación da vida laboral e fami-liar.
• Iniciar un proceso formativo tanto para os traballadores en inserción das Empresas de inser-ción como para persoas en situación ou risco de exclusión social,como posibles traballadores das empresas de inserción Laboral.

PROGRAMA:
Modulo formativo 1:
1.Socialización e habilidades sociais:
• Socialización e habilidades sociais.
• O mercado laboral, novos xacementos de emprego.
• Traballo en equipo.
• A participación Social.
• A xestión do tempo.
2.Igualdade entre homes e mulleres:
• O principio de igualdade e a tutela contra a discriminación.
• Igualdade de trato e oportunidades no ámbito laboral.
• Igualdade de trato no acceso a bens e servizos e o seu suministro.
3.Dereito Laboral Básico:
• O contrato.
• A nómina.
• O Finiquito.
• Dereitos Laborais Básicos.
4.O emprendemento outra idea para o emprego:
• Como se crea una empresa.
• Ideas básicas para o estabrecemento de una empresa.

Módulo2: Búsqueda de Emprego
1.Situación na busca de Emprego:
Carta de Presentación
• Definición
• Estrutura
• Recomendacións.
Currículo Vitae
• Definición
• Estrutura
• Recomendacións
• Entrevista (Video de entrevistas de traballo)

Módulo 3: Dereito laboral
1.Dereito Laboral
• Dereitos e deberes derivados do contrato de traballo.
• O salario e as garantías salarias.
• O tempo de traballo.
• Extinción do contrato de traballo.
• Faltas e Sancións.

folleto insire aeiga

Abrir chat
1
Necesitas axuda?
Ola 👋, en que podemos axudarte?