O pasado 12 de decembro de 2025, a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA) participou nun stand informativo na Praza do Mercado de Abastos, no marco do programa Camiño da Inclusión: viaxe a unha vida digna.
Esta actividade tivo como principal obxectivo achegar á cidadanía o labor das Empresas de Inserción, dando a coñecer o seu papel na xeración de oportunidades laborais para persoas en situación ou risco de exclusión social, así como a súa contribución a unha economía máis xusta, sostible e comprometida co territorio.
Esta acción permitiu crear un espazo de encontro directo entre as Empresas de Inserción e a cidadanía, favorecendo o coñecemento mutuo e poñendo en valor o impacto social destas entidades.
O programa Camiño da Inclusión: viaxe a unha vida digna está subvencionado pola Deputación da Coruña, no marco das súas liñas de apoio á promoción económica e á economía social na provincia.
Dende AEIGA seguimos traballando para visibilizar o papel das Empresas de Inserción e promover unha sociedade máis inclusiva, na que todas as persoas teñan oportunidades reais de desenvolvemento persoal e profesional.
Actividad subvencionada en exclusiva por la Diputación de A Coruña, mediante la convocatoria del Programa de subvenciones dirigida a entidades empresariales sin ánimo de lucro de la Provincia de A Coruña para la realización de actividades de promoción económica, durante el año 2025 (FOENAA 2025).