ASEMBLEA AEIGA 2022

Xuñ 23, 2022 | Novas

O pasado día luns 6 de xuño tivo lugar a Asemblea Xeral de Socios de AEIGA 2022 na sede da Fundación Laboral de la Construcción. Xornada intensa de traballo e planificación coa participación de representantes de 8 das 9 Empresas de Inserción socias de AEIGA.

Previo ao inicio da orde do día da asemblea, a Presidenta dedicou uns minutos a agradecer a colaboración de Fiare Banca Ética no convenio asinado en decembro de 2021 para contribuír a  capacitación das empresas galegas de inserción, a través da participación en accións formativas orientadas a xeración de competencias na economía social.  Como Alberto Minguez, director da oficina de Bilbao e Juan Garibi, responsable comercial e de desenvolvemento estratéxico de Fiare non puideron asistir e delegaron a súa participación en Gonzalo Gesto, coordinador de socios e socias de Galicia Norte e Asturias.

E para o peche da Asemblea contamos coa presencia da Directora de FAEDEI Aicha Belassir, momento de presentacións das Empresas de Inserción Galegas e valoración da situación actual da reforma da Ley 44/2027.

Abrir chat
1
Necesitas axuda?
Ola 👋, en que podemos axudarte?