O Balance Social de AEIGA é unha ferramenta de transparencia e rendición de contas que permite visibilizar o impacto social, económico e laboral das empresas de inserción de Galicia. A través deste exercicio, a asociación recompila e analiza información clave sobre a actividade das entidades asociadas, poñendo en valor o seu compromiso coa inclusión sociolaboral das persoas en situación ou risco de exclusión social.
Este balance reflicte non só resultados cuantitativos, senón tamén os valores que definen o modelo das empresas de inserción: a primacía das persoas, a cohesión social, a igualdade de oportunidades e o desenvolvemento sostible. Con esta publicación, AEIGA reafirma a súa aposta pola mellora continua, a calidade e a contribución da economía social ao benestar da sociedade galega.
