Cambio Xunta Directiva AEIGA

Set 3, 2025 | Novas

O pasado 28 de agosto de 2025 celebramos unha Asemblea Extraordinaria na que se renovou a nosa Xunta Directiva. Trátase dun equipo comprometido e con experiencia, que asume o reto de seguir construíndoxunto ás nosas empresas asociadas, unha economía social máis inclusiva, transformadora e sostible.

Temos o pracer de presentar ás persoas que a conforman:

•  Presidencia: Miguel Fernández Blanco, representante de Compostela Inserta

•  Vicepresidencia: María Luz Jorge Fuente, representante de Servicios Comerciales de Inserción Laboral

•  Tesorería: María del Rosario González Costas, representante de Cormo Integral

•  Secretaría: Santiago González Avión, representante de Acolle

•  Vogalía: María Isabel Fraga Castro, representante de Arroupa Santiago

•  VogalíaXoán España Vidal, representante de Properdis

Esta nova Xunta Directiva combina unha ampla traxectoria e experiencia no ámbito da inserción sociolaboral e da economía social, achegando unha visión plural e complementaria para afrontar os retos do sector.

Queremos expresar o noso sincero agradecemento á anterior Xunta Directiva pola súa dedicación, compromiso e polos logros acadados, que foron fundamentais para o crecemento e consolidación de AEIGA. Ao mesmo tempo, reafirmamos a nosa plena disposición a seguir colaborando coas entidades e redes das que formamos parte, contribuíndo xuntas ao fortalecemento da economía social e ao impulso das Empresas de Inserción como ferramenta clave para a inclusión sociolaboral en Galicia.

Atentamente,
AEIGA – Asociación de Empresas de Inserción de Galicia

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.