Catálogo de servizos das Empresas de Inserción de AEIGA

Unha guía para a contratación responsable

O “Catálogo de Servizos das Empresas de Inserción de AEIGA. Unha guía para a contratación responsable” elaborouse cun dobre obxectivo:

Z

Difundir e promover as actividades empresarias que realizan as EI socias.

Z

Informar sobre a contratación reservada e como levala a cabo.

Neste catálogo poderás atopar:

As diferentes actividades empresariais e sectores de actividade nos que traballan as EI.

Unha guía para impulsar a contratación das EI por parte das Administracións públicas e de empresas privadas comprometidas coa sostibilidade.

Un manual práctico para facilitar a compra pública responsable e a contratación reservada.

Documentación relacionada coa contratación reservada

Modelos de pregos de contratos reservados na administración autonómica:

Z

Modelo Prego de Cláusulas Administrativas Particulares. Procedemento Aberto Simplificado. Servizos Xunta de Galicia.

Z

Modelo Prego de Cláusulas Administrativas Particulares. Procedemento Aberto Harmonizado. Servizos Xunta de Galicia.

Z

Modelo Prego de Cláusulas Administrativas Particulares. Negociado Sen Publicidade. Servizos Xunta de Galicia.

Contratación pública no sector dos residuos téxtiles

A lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados, obriga ás Administracións públicas, na súa Disposición Adicional 19ª, a reservar polo menos o 50% do importe do servizo de recollida, transporte e tratamento de residuos téxtiles a través de contratos reservados.

Moda re- logo

MODARE-, a cooperativa de iniciativa social promovida por Cáritas, con presencia estatal e galega (Arroupa e Servicios Comerciales de Inserción Laboral), elaborou a páxina web de Residuo Textil onde ofrece un completo directorio de documentación no tocante aos contratos reservados, como guías, exemplos de licitacións, argumentarios e outros materiais facilitadores para a cualificación e adxudicación de contratos reservados no sector dos residuos téxtiles. Entre outra documentación podemos encontrar guías coma:

Guía para as administracións públicas sobre contratos reservados no sector dos residuos téxtiles.

Guía para as Empresas de Inserción e os Centros Especias de Emprego de Iniciativa Social sobre contratos reservados no sector dos residuos téxtiles.

Para máis información consultar:

Abrir chat
1
Necesitas axuda?
Ola 👋, en que podemos axudarte?