Martiño Noriega recibe o presidente de AEIGA 08/11/2016
/in Novas /byO alcalde de Santiago recibiu hoxe o presidente da Asociación de Empresas de Inserción de Galicia, AEIGA, nun encontro no que tamén participou a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández. A reunión foi solicitada por Miguel Fernández co obxectivo de darlle a coñecer ao Goberno compostelán o modelo das empresas de inserción, “un modelo moi útil na loita contra a exclusión social”. O presidente de AEIGA tamén aproveitou para avogar porque “se regulen as cláusulas sociais e a reserva de mercado nos contratos públicos, xa que a Lei Estatal está urxindo a todas as administracións públicas a ter en conta este criterio”.
En Galicia están en funcionamento sete empresas de inserción. Dúas delas están radicadas en Santiago: Compostela Inserta, dependente da Plataforma polo Emprego, e Arroupa, dependente de Cáritas Diocesana. Miguel Fernández explicou que o obxectivo destas empresas é que “as persoas que están en situacións de exclusión poidan acceder a un emprego por un tempo determinado, normalmente tres anos, para despois pasaren ao mercado laboral ordinario”.


ARROUPA ABRE SU TIENDA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
/in Novas /byLa tienda de Santiago
En la tienda de Santiago se vende ropa de segunda mano y restos de stock, para hombre, mujer y niño, complementos, calzado y bolsos, así como campañas de ropa de hogar. La iniciativa, que está promovida por Cáritas Diocesana de Santiago a través de Arroupa, dispone de un local ubicado en Rúa Casas Reais,6, de 73 m2, de atención al público y almacén. La ropa que se ofrece es nueva o con muy poco uso, en precios especiales y muy competitivos teniendo en cuenta la calidad y la marca. El precio de la ropa va de los 50 céntimos a los 9,95 euros, excepto prendas especiales, el precio medio de las prendas está fijado 4 euros .
La de Santiago de Compostela es la tercera de las tiendas de estas características que abrieron sus puertas. Las otras dos están instaladas en A Coruña y Pontevedra.

Formación COIDADOS DO MENOR E INMERSIÓN LINGÜISTICA
/in Novas /byAeiga levará a cabo o curso “Coidados do menor e inmersión lingüística”.
Lugar: Concello de Lalín
Datas: 15, 16, 17, 22 e 23 de novembro de 2016

ARTÍGO REVISTA Nº 23 xullo 2016 – Publicación trimestral da Federación Galega de Municipos e Provincias
/in Novas /byAs empresas de inserción laboral, unha política activa de emprego eficaz e con futuro
As administracións públicas teñen á súa disposición un modelo de política activa de emprego eficaz e eficiente que amosa ano a ano a súa amortización económica pero, sobre todo, social
Nestes últimos anos, asistimos a unha sesión permanente de inestabilidade económica que sacudiu o financiamento de proxectos de toda índole. Actualmente, e tras este varapau, vivimos un período de adaptación que nos esixe buscar alternativas novas cun carácter eficiente, sen que isto non supoña unha mingua nas políticas de cohesión social e que favorezan as políticas activas de emprego.
A dificultade de acceso á formación e inserción laboral é un dos escenarios comúns que se atopan as persoas en risco de exclusión social. Por iso, é esencial unha implicación activa por parte das administracións públicas, mediante as súas capacidades e medios dispoñibles, que permitan aliviar esta situación. Así pois, a eficiencia nas accións das entidades de carácter público dirixidas a promover o emprego e na inserción social, obedecerá aos modelos de cohesión social e aos esforzos que executen dentro das súas competencias.
En Galicia, as empresas de inserción supoñen unha iniciativa de carácter empresarial, que apostan polo desenvolvemento social e medio ambiental como ferramenta de traballo na prestación de servizos profesionais, pero, sobre todo, se presenta como ese modelo de actuación en materia de inserción socio-laboral que permite o acceso ao mercado de traballo, a través da contratación de persoas en risco de exclusión, para atender aos traballos ou servizos concertados coas entidades públicas ou privadas.
As iniciativas desenvolvidas polas empresas de inserción en relación ás administracións públicas en Galicia son numerosas, e supoñen un apoio importante chegando a plasmar na Lei 14/2013, de 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico da Xunta de Galicia, no seu artigo 26. Nela establécese a reserva de contratos a centros especiais de emprego e empresas de inserción socio-laboral un límite mínimo do 3 % e máximo do 5 % do importe dos contratos adxudicados no exercicio orzamentario inmediatamente anterior mediante contratos menores ou procedementos negociados por razón da contía.
Desde a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia -AEIGA-, valórase como un apoio fundamental de recoñecemento por parte da Xunta de Galicia, pero non obstante é insuficiente. Esta asociación sen ánimo de lucro, naceu en 2007, co obxectivo de promover o desenvolvemento das empresas de inserción de Galicia como vía de inclusión social cun claro carácter mercantilista e é recoñecida en 2012 Entidade Declarada de Utilidade Pública, supoñendo un recoñecemento á súa transparencia e ao seu labor.
Neste sentido, AEIGA promove e busca a implicación das administracións públicas e de entidades de iniciativa privada, para difundir a figura das empresas de inserción e atopar espazos de recoñecemento e contratación de servizos por parte tanto de deputacións e concellos galegos, como daquelas entidades ligadas ao territorio e ás necesidades de traballo nas súas zonas. Isto favorece a creación de postos de traballo, adquirindo un compromiso social, ético e medio ambiental que vai máis alá da súa contribución a xerar emprego.
Actualmente as empresas de Inserción de Galicia que compoñen AEIGA, desenvolven o seu labor empresarial en materia de traballos medio ambientais, forestais e xardinería, servizos de recollida e reciclaxe de aceite usado e téxtil, limpeza, mantemento de infraestrutura e obra civil, realización de portes e mudanzas e posta en marcha de comercios de segunda man; contando un total de cinco empresas repartidas polo territorio autonómico: Feito, en Pontevedra; Cormo Integral, en Vigo; Servizos EIL, en Ribeira; e as empresas de inserción Compostela Inserta e Arroupa, en Santiago de Compostela.
En definitiva, as Empresas de Inserción Laboral son un instrumento que permite o acceso ao mercado de traballo mediante estruturas empresariais que producen bens e servizos, axustándose ás normas do mercado e xerando un beneficio económico e social, e sobre todo unha resposta laboral a disposición das administracións públicas como modelo de política activa de emprego eficaz e eficiente.
Miguel Fernández Blanco Presidente da Asociación de Empresas de Inserción de Galicia