Compra pública responsable nas administracións locais

Mar 5, 2025 | Novas

 

O vindeiro 12 de marzo, de 10 a 14hs no Edificio CINC da Ciudade da Cultura; a Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego (Cegasal) e a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (Aeiga) organizan a xornada ‘Compra pública responsable nas administracións locais’, un encontro dirixido a responsables municipais, profesionais do sector público e entidades de economía social interesadas en promover unha contratación pública con impacto social e ambiental.

OBXECTIVOS

  • Dotar ao persoal de contratación municipais ou persoal técnico dos coñecementos necesarios para levar a cabo procesos de contratación eficientes e éticos, considerando tanto os criterios de responsabilidade social como medioambiental.
  • Fomentar e visibilizar os sectores específicos da Economía Social no marco da contratación responsable e reservada de entidades locais.
  • Analizar o escenario normativo actual e o grado de cumprimento.

 

 

  • Ofrecer ao persoal técnico das entidades locais (concellos) implicados na contratación pública as directrices e normativas relacionadas coa contratación pública responsable para familiarizarse cos criterios de sustentabilidade e responsabilidade social que poden aplicarse na contratación.

 

A participación é gratuíta e require inscrición previa. As persoas interesadas poden reservar a súa praza cubrindo o formulario dispoñible na seguinte ligazón.

 

Esta actividade forma parte do programa de actuación 2024-2025 da Rede Eusumo.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.