Coñécenos

Quen somos

Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA) é unha entidade sen ánimo de lucro que agrupa empresas de inserción laboral de Galicia. AEIGA como entidade une nela dous perfís complementarios:

– Por unha banda, é unha asociación empresarial, representante da patronal que axunta ás empresas de inserción en Galicia.

– Por outra banda, é unha entidade social sen ánimo de lucro que está a traballar activamente no ámbito da inclusión sociolaboral dos colectivos denominados en risco de exclusión social.

Buscamos impulsar a difusión e o fomento das EIL como modo de loita contra a exclusión social e ferramenta de inserción laboral das persoas en situación ou risco de exclusión social.

Somos Entidade de Utilidade Pública (DOG 247, do 28 de decembro de 2012) e Entidade Prestadora de Servizos Sociais.

Xunta directiva

Presidenta

María Isabel
Fraga Castro

En representación de Arroupa Santiago E.I.L S.L.U.

Vicepresidenta

María Luz
Jorge Fuente

En representación de Servicios Comerciales de Inserción Laboral E.I.L. S.L.

Tesoureira

María del Rosario
González Costas

En representación de Cormo Integral E.I.L.

Secretario

Miguel
Fernández Blanco

En representación de Compostela Inserta E.I.L. S.L.

Vogal

Xoán Santiago
España Vidal

En representación de Properdis E.I.L.

Obxectivos

A defensa, promoción e representación dos intereses económicos, sociais e empresariais das empresas de inserción laboral e das persoas que traballan nelas.

A promoción, o fomento e apoio para a creación de novas empresas de inserción laboral en Galicia.

A integración e inclusión das persoas en risco ou situación de exclusión social.

Fomento e seguimento do grado de cumprimento da reserva de contratos a Centros Especiais de Emprego e Empresas de Inserción Laboral.

Que facemos

Creación de dispositivos de promoción, orientación, formación, asesoramento, estudo, asistencia técnica e difusión de empresas de inserción.

Difusión, sensibilización e dinamización social.

Formación: xornadas, cursos, seminarios, etc.

Elaboración e participación en estudos de investigación.

Interlocución coa Administración Pública estatal, autonómica e local.

Traballo en rede.

Elaboración e execución de programas e proxectos.

Representación no Consello da Economía Social de Galicia, achegando propostas e negociando os documentos estratéxicos do goberno galego nestas materias.

Participación na Comisión de Seguimento de contratos reservados da Xunta de Galicia. Art 26 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico.

Servizos ás empresas socias

Z

Acceso a formacións especializadas no sector.

Z

Asesoramento e resolución de dúbidas.

Z

Medios para a difusión de actividades.

Z

Seguimento do marco normativo e incidencia política.

Z

Asesoramento específico a EIL e Entidades Promotoras.

Z

Difusión e comunicación sobre oportunidades de contratación pública.

Z

Difusión e comunicación de axudas, subvencións, licitacións e outros temas de interese (convocatorias de eventos, programas de prácticas…).

Z

Xerencia e asistencia técnica nos procesos estratéxicos das Empresas de Inserción.

Z

Actividades de sensibilización, divulgación e fomento do modelo de empresas de inserción.

Z

Elaboración de estudios e informes do sector.

Z

Deseño de ferramentas para a mellora dos procesos de acompañamento a inserción.

Z

Desenvolvemento de proxectos en colaboración con outras redes estatais e autonómicas.

Z

Impulso das redes de Empresas de Inserción de ámbito supraterritorial (Federación Estatal – FAEDEI e Europea – ENSIE).

Traballo en redes

Logo FAEDEI
Logo FAEDEI
Logo Foroesgal
Logo Foroesgal

Financiado por:

Abrir chat
1
Necesitas axuda?
Ola 👋, en que podemos axudarte?