Crea a túa Empresa de Inserción Laboral

Ao emprender o proxecto da creación dunha empresa de inserción, é común enfrontarse a diversas dúbidas.

O propósito de AEIGA é impulsar a difusión e o fomento deste tipo de entidades, por iso, querendo facilitar o máximo posible este proceso, poñemos á súa disposición un conxunto de recursos informativos e ferramentas destinadas a orientar neste proceso.

Desde AEIGA tamén proporcionamos un servizo integral e personalizado para acompañar e orientar ao longo de todo o proceso da creación dunha Empresa de Inserción.

Contáctenos

Centro de Emprendemento, Cidade da Cultura, 15707 Santiago de Compostela

881 95 74 52
698 12 04 55

Servizos ás empresas socias

i

1. Coñeza

Á hora de comezar un novo proxecto, é importante coñecelo. Neste apartado poñemos á súa disposición información sobre o que é unha empresa de inserción e cales son os requisitos legais para a súa constitución.

2. Valore a súa idea de negocio

Cada iniciativa empresarial xorde dunha idea de negocio, a cal debe ser técnica, económica e socialmente viable.

3. Elixa a súa forma xurídica

Deberá definir o modelo de organización e de participación que máis se adecue ás súas condicións e establecer a normativa que o regule.

4. Axudas e subvencións

O proxecto de creación dunha Empresa de Inserción debe garantir a viabilidade económica e a sustentabilidade por si mesma da empresa.

Con todo, a economía social conta cunha serie de axudas e subvencións que axudan a este tipo de proxectos.

Neste punto, facilitarémoslles información sobre algunhas delas.

5. Elabore o plan de empresa

O plan de empresa é unha ferramenta que facilita a visión e valoración da información sobre a viabilidade técnica, económica, financeira e social do proxecto.

Tamén serve como carta de presentación.

6. Redacte os estatutos

Os Estatutos da empresa actuarán como un manual de operacións para a súa futura Empresa de Inserción, establecendo directrices que supervisarán todas as súas actividades e relacións.

7. Proceso de constitución

Chegados a este punto, deberá proceder cos trámites administrativos requiridos para a constitución e funcionamento da empresa.

8. Persoal

É importante ter coñecemento do tipo de perfil que pode ingresar nas empresas de inserción. E para lograr unha boa integración do persoal en situación ou risco de exclusión social, é necesario contar con bos profesionais que os acompañen, orienten e motiven.

Neste apartado, atopará información necesaria.

9. Xestión

Unha vez comezase a actividade empresarial, é indispensable que cumpra coas obrigacións legais aplicables ás empresas de inserción e familiarícese cos diversos recursos de xestión empresarial, que lle facilitamos neste apartado.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.