A idea de negocio

A idea e bases das empresas de inserción laboral é funcionar como tránsito ao emprego ordinario das persoas en risco de exclusión, pero ante todo, son empresas, e dedícanse a levar a cabo actividades económicas relacionadas coa produción de bens e servizos, competindo no mercado. 

É por iso que é esencial ter coñecemento sobre unha idea de negocio:

Z

Viabilidade (técnica e económica)

Z

Adaptada á cualificación y características das persoas traballadoras en inserción

Z

Explotar os nichos de mercado

Z

Concepto específico

Non deberiamos enfocarnos en actividades laborais con baixa cualificación ou traballos moi repetitivos. O obxectivo é que as persoas contratadas en risco de exclusión accedan posteriormente ao mercado laboral ordinario e é por iso que se deben ter en conta as ofertas laborais do mercado, servizos emerxentes e capacidades de cada un, conseguindo sacar o seu maior potencial.

Canvas para as empresas de inserción

O Canvas é unha ferramenta simple e sinxela que axuda á visualización de maneira sinxela sobre a idea de negocio, facilitando tamén a toma de decisións sobre a mesma. Aquí deixámosvos unha guía explicativa sobre o seu uso e un modelo.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.