Coñeza
Antes de comezar con esta aventura empresarial, é fundamental que teña unha comprensión clara do que implica unha empresa de inserción.
Debe asegurarse primeiramente de que cumpre todos os requisitos legais necesarios e conte cun equipo competente para levar a cabo a súa posta en marcha.
Características das Empresas de Inserción
Son empresas
Son sociedades mercantís e cooperativas que producen bens e servizos. Os beneficios económicos que obteñan repártense entre pagar aos traballadores e o capital restante reinvístese na empresa.
Persoas traballadoras en risco de exclusión
- Polo menos o 30 % durante os tres primeiros anos.
- Polo menos o 50 % a partir do cuarto ano (non podendo ser o número de traballadores inferior a 2).
Fin social
Conseguir a inserción socio-laboral das persoas en risco de exclusión no mercado laboral ordinario.
Formación
Proporcionar formación e acompañamento personalizado as persoas traballadoras.
Sen ánimo de lucro
As entidades promotoras das empresas de inserción deben ser consideradas entidades sen ánimo de lucro.
Empresas de tránsito
As empresas de inserción laboral funcionan como empresas de tránsito, polo que non poden permanecer os traballadores mais de tres anos.
Requisitos legais para a creación das empresas de inserción
Inserción e formación
O obxectivo social debe ser a inserción social e laboral de persoas en risco de exclusión, así como proporcionarlles formación.
É requisito non realizar actividades económicas diferentes as do seu obxectivo social.
Sen ánimo de lucro
As empresas de inserción laboral poden estar creadas por unha ou varias entidades promotoras, sendo polo menos una delas sen ánimo de lucro e a súa participación do 51 % do capital social da mesma.
Legalmente constituída
Constitución como sociedade mercantil ou sociedade cooperativa e rexistrada no rexistro correspondente á súa forma xurídica, así como no rexistro administrativo de empresas de inserción da súa comunidade autónoma.
Reinversión de beneficios
Polo menos o 80 % dos resultados de cada exercicio débense reinvestir na empresa de inserción e destinalos á mellora ou ampliación das súas estruturas produtivas e de inserción.
Condicións necesarias
Debe dispoñer dos medios necesarios para garantir os compromisos e fins da empresa.
Persoas traballadoras de inserción
Deben cumprirse as porcentaxes de persoas traballadoras de inserción.
Equipo idóneo (funcións para cada posto)
As particularidades da empresa de inserción laboral requiren a presenza dun grupo de expertos que integren tanto os seus elementos económicos (xestión operativa da empresa) como os aspectos sociais (cumprir a finalidade de inserción do seu persoal).
Xerencia
Toma de decisións e representación.
Perfil recomendable: persoal formado no sector empresarial. Preferiblemente con coñecementos de traballo social e colectivos vulnerables.
Administrativo
Xestión de documentos, coordinación, comunicación (interna e externa), atención de clientes e provedores.
Perfil recomendable: persoal formado no sector empresarial. Preferiblemente con coñecementos de traballo social e colectivos vulnerables.
Persoal de acompañamento
Realizarán tarefas de orientación e acompañamento ás persoas traballadoras.
Perfil recomendable: persoal formado como técnica/o en integración social ou similar.
Persoal de produción
Organiza e supervisa o funcionamento produtivo ou de servizo.
Perfil recomendable: persoal formado na actividade económica á que se dedique a empresa. Preferiblemente con coñecementos de traballo social e colectivos vulnerables.