DECÁLOGO: RETOS EN MATERIA DE CONTRATOS RESERVADOS

Set 30, 2022 | Novas

DECÁLOGO: RETOS EN MATERIA DE  CONTRATOS RESERVADOS

  1. Aprobar os acordos dos órganos competentes das comunidades e/ou cidades autónomas que non os tiveran aprobado sobre as porcentaxes de reservas. Sería aconsellable que se asemellase ao esixido no    ámbito estatal (7%-10%) en relación co orzamento autonómico ou local. 
  1. Promover a creación de mecanismos públicos de control eficaces sobre o seguimento  e grao de cumprimento de contratos reservados  de acordo a DA 4º, así coma calquera outra normativa ou lei transversal que contemple porcentaxes obrigatorias de contratación reservada.   
  1. Fomentar o diálogo co sector. Necesidade, por parte da administración de coñecer sectores, actividades e capacidade produtiva de CEEIS e EI; para identificar actividades/servizos obxecto de contratación reservada e evitando contratos desertos. 
  1. Consignar a obrigación de presentación de inscrición no rexistro correspondente ao comezo dos procedementos de licitación e, en    caso de resultar adxudicatarias, manter a súa cualificación e inscrición no devandito rexistro durante toda a vixencia do contrato. Para garantir este cumprimento é imprescindible que os rexistros de CEEIS e EI estean debidamente actualizados. 
  1. Recoller nos pregos de licitación a expresa prohibición de subcontratación a empresas non beneficiarias do dereito de reserva, salvo nas prestacións accesorias ao obxecto principal do contrato, sempre que se xustifique debidamente no expediente.
  1. Implementar nas correspondentes plataformas de contratación os mecanismos adecuados para que a publicidade deste tipo de contratos sexa identificable e accesible. 
  1. Realizar unha revisión da regulación da Disposición Adicional 4ª, xa que permite a reserva a todo tipo de contratos, pero unicamente pódese  establecer a porcentaxe de cumprimento con respecto dos contratos de subministracións e servizos, o que pode desincentivar a tramitación como reservados aos contratos de obras e concesións. Valorar a necesidade de revisión do catálogo de servizos do anexo VI e a súa adaptación á     realidade actual do sector. 
  1. Consignar nos pregos e no anuncio a existencia da reserva e mención ao artigo no que se basea; para xustificar a limitación á concorrencia   competitiva, como función estratéxica da contratación pública e como elemento integrador do colectivo protexido. 
  1. As distintas autoridades competentes deben mellorar a formación do    órgano de contratación e sensibilizar ao respecto das pautas legais que se atopan incorporadas no marco de políticas de desenvolvemento económico eficiente, sostible e inclusivo. 
  1. Crear ferramentas para fomentar unha maior concreción de criterios sociais, ambientais e de innovación en medidas específicas facilmente comprobables, sen reducilo ao mero cumprimento da legalidade.

 

Documento elaborado por AEIGA, Asociación de Empresas de Inserción de Galicia no  marco das actividades de Promoción das Empresas de Inserción.

 Santiago de Compostela, setembro de 2022

Descargar Decálogo galego

Abrir chat
1
Necesitas axuda?
Ola 👋, en que podemos axudarte?