ECONOMÍA SOCIAL MEETING

Mai 31, 2019 | Novas, Xornadas

AEIGA organiza unha sesión de intercooperación dentro do Programa ‘ECONOMÍA SOCIAL MEETING’, para as diversas organizacións que compoñen o sector da economía social en Galicia o próximo 10 de xuño de 2019; realizada de maneira colaborativa coas entidades do Foro pola Economía Social Galega (Cegasal, Aeiga, Agaca, Aesgal e EspazoCoop), co obxectivo de crear un espazo de encontro, coñecemento e colaboración.

 Economía Social Meeting trata de facilitar a xeración de oportunidades de negocio e proxectos en común. Creando contextos para ofertar e demandar, xerando interaccións entre todas as organizacións participantes. No encontro previsto, trataranse contidos específicos da Lei de contratos do Sector Público que entrou en vigor en marzo do 2018 e de pór de relieve as oportunidades da Lei de Contratos do Sector Público para as entidades da economía social.

LUNS 10 DE XUÑO DE 11 A 13 HS

Na Sede da Fundación ERGUETE INTEGRACION . Av de Emilio Martínez Garrido 21

Esta xornada enmárcase na programación da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha Rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego – Xunta de Galicia, para o fomento e consolidación do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social

Abrir chat
1
Necesitas axuda?
Ola 👋, en que podemos axudarte?