ENCONTRO EMPRESARIAL OURENSE
AEIGA a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade:
- 12 de novembro 2020 – OURENSE
- O LICEO. Ourense
- 10:30 hs.
Actividade presencial – Duración: 3 horas
Persoas destinatarias: Dirixido principalmente as persoas representantes do tecido empresarial galego, cámaras de comercio, confederación de empresarios, clusters, etc.
OBXECTIVO:
- Promocionar e difundir a figura das Empresas de Inserción Laboral existentes na comunidade galega dentro da sociedade a través das empresas privadas.
- Establecer convenios de colaboración e/ou sinerxias coas empresas privadas de cara a contratación dos servizos e produtos ofrecidos polas Empresas de Inserción Laboral.
- Eliminar as ideas preconcibidas e prexuizosas sobre as Empresas de Inserción Laboral e os seus traballadores en inserción mostrando ditas empresas como empresas plenamente operativas, eficaces e capaces no seu ámbito de actuación.
- Pór en contacto as Empresas de Inserción Laboral e as empresas privadas, previo coñecemento das súas necesidades, estando a disposición do axente que o precise para traballar e colaborar naquilo que se mostre necesario.
*Esta actividade enmárcase na Programación da Rede Eusumo. A REDE EUSUMO é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo y Economía Social