Expositor ‘Economía Social de Galicia’ en Culturgal 2018

Dec 1, 2018 | Novas

Culturgal 2018 acolle, un ano máis, empresas cooperativas e de economía social do ámbito cultural na súa 11 edición.

Será no Expositor común posto a disposición pola Rede Eusumo, os días 30 de novembro1 e 2 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Para facilitar a presenza da economía social neste evento, a Secretaría Xeral de Emprego, a través da Subdirección de Economía Social, pon a disposición un stand conxunto, por elo, nesta Feira das Industrias Culturais teredes ocasión de coñecer o traballo e os proxectos que realizan as cooperativas e  outras entidades de economía social, como as Empresas de Inserción e as Sociedades laborais.

Podes consultar as empresas e organizacións que conforman o stand neste DOSSIER Economía Social – Culturgal 2018. O espazo expositivo conta ademais cunha Programación propia, fai clic: aquí. Tódolos días da Feira realízase algunha actividade para promocionar as empresas do Expositor, así, o venres 30 ás 11 h. preséntase a Sectorial de Cultura da Unión de Cooperativas EspazoCoop; e tamén haberá sinatura de discos; obradoiros (Des-botar; Romaniqueando; Coloreando as mulleres bravas da nosa historia); ou presentación de festivais (Elas son artistas), entre outras actividades.

Será unha boa oportunidade para coñecer empresas de economía social que fan proxectos no ámbito cultural.

Culturgal este ano celebra a súa 11ª edición promocionando a cultura galega. Web: Culturgal 

Abrir chat
1
Necesitas axuda?
Ola 👋, en que podemos axudarte?