FEIRA DE ECONOMIA SOCIAL NA CORUÑA O 29 DE 30 DE SETEMBRO DE 2017

Os pasados 29 e 30 de outubro, AEIGA participou na I FEIRA DE ECONOMÍA SOCIAL, celebrada no Concello de A Coruña co obxecto de mostrar á cidadanía que outro modelo de economía é posible, dando, ao mesmo tempo, visibilidade ás Empresas de Inserción Laboral e a súa función dentro da sociedade.
Durante ámbolos dous días, AEIGA estivo presente non só impulsando ás Empresas de Inserción Laboral a través dos stands habilitados para a promoción das mesmas (repartindo folletos e facilitando información a todo o que a solicitase), senón tamén participando activamente en diferentes actividades do programa, tanto en charlas coma a través do Laboratorio de creación de moda sostible para os máis pequenos, no que se colaborou grazas da doazón de material téxtil por parte de ARROUPA.