Fin de curso e entrega de diplomas – Remate do curso de formación

Nov 5, 2020 | Novas

Dende o pasado dia 26 ata o 30 de outubro, tivo lugar no edificio Cersia Empresa en Santiago de Compostela, un curso de formación dentro do marco das actividades  planificadas pola Rede Eusumo, e organizada pola nosa Asociación, para dar a coñecer o Emprendemento e as Empresas de Inserción. O obxectivo formativo, foi dar a coñecer a figura das Empresas de Inserción Laboral en Galicia, apoiar e promover a creación de novas empresas, así como fomentar o espírito emprendedor entre os participantes.

A duración do curso foi de 25 horas, nas que se traballaron de xeito dinámico temas relacionados coa organización empresarial tanto das Empresas de Inserción como na empresa ordinaria, o marketing e comercialización de produtos e servizos, asi como plan económico da empresa xunto  aos trámites básicos en axudas en subvencións.

¡¡Parabéns  aos participantes pola súa implicación e resultados.!!

[av_image src=’https://www.aeiga.org/wp-content/uploads/2020/11/Foto-grupal-scaled-1.jpg’ attachment=’1356′ attachment_size=’full’ copyright=” caption=” styling=” align=’center’ font_size=” overlay_opacity=’0.4′ overlay_color=’#000000′ overlay_text_color=’#ffffff’ animation=’no-animation’ hover=” appearance=” lazy_loading=’disabled’ link=” target=” title_attr=” alt_attr=” id=” custom_class=” av_element_hidden_in_editor=’0′ av_uid=’av-30ra4b’ admin_preview_bg=”][/av_image]

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2019-2020 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social

Abrir chat
1
Necesitas axuda?
Ola 👋, en que podemos axudarte?