Dende AEIGA queremos convidarvos a participar no Encontro de Networking “Innovación na Inserción Sociolaboral”, que se celebrará o 13 de outubro de 2025, en formato online (plataforma Teams), en horario de 10:00 a 12:30 h.
Esta actividade está dirixida especialmente ao persoal técnico de inserción das empresas de inserción, co obxectivo de crear un espazo de intercambio, aprendizaxe e colaboración.
Durante o encontro, traballaremos para:
✅ Favorecer a comunicación e o intercambio de experiencias entre o persoal técnico das distintas entidades.
✅ Crear unha rede de apoio profesional que fortaleza o labor de acompañamento sociolaboral.
✅ Coñecer recursos e modelos de traballo a nivel estatal, tomando como referencia o grupo de acompañamento de Feclei e Gizatea.
✅ Explorar sinerxías e colaboracións futuras entre as empresas participantes.
Consideramos que este espazo pode ser moi enriquecedor para todas as entidades, polo que vos animamos a inscribirvos e participar activamente.
📩 Formulario de inscrición: https://forms.gle/GcvK5N3fnrLydgq29
🗣️ Difunde esta convocatoria entre o persoal técnico de inserción e súmate a esta xornada de conexión e innovación compartida.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2025-2026 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaria Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social

