NOMEADA A NOVA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA)

NOTA  DE PRENSA

A Asociación engloba a gran parte das empresas de inserción que traballan en Galicia

Santiago de Compostela, na Asemblea ordinaria celebrada na data  29 de setembro

A Asociación de Empresas de Inserción de Galicia vén de nomear a súa nova directiva tras a celebración da súa asemblea ordinaria

Así, a directiva a partir de agora estará formada por:

Presidenta: Isabel Fraga Castro, representante de Arroupa Santiago

Vicepresidenta: Mª Luz Jorge Fuente, representante de Servicios Comerciales de Inserción Laboral.

Secretario: Miguel Fernández Blanco, representante de Compostela Inserta

Tesoureira: Charo González, representante de Cormo Integral

Vogais: Xoán España, representante de  Properdis

Isabel Méndez Naya, representante de Anaco.

A Asociación de Empresas de Inserción de Galicia engloba a gran parte das empresas de inserción laboral que traballan en Galicia. É unha entidade sen ánimo de lucro que traballa con dous fins: como representante patronal das empresas que aglutina, e como entidade social que traballa activamente na inclusión dos colectivos en risco de exclusión social.

Neste senso, a AEIGA traballa por impulsar e visibilizar o traballo destas empresas como ferramenta para loitar contra a exclusión social. Así, entre outras funcións, presta asesoramento ás empresas, formación e recursos para que poidan desenvolver o seu traballo nas mellores condicións.

Actualmente, forman parte de AEIGA nove empresas:

  • Ahortas EIL, SL. Ordes. Servizos de Horticultura ecolóxica. Venta de produtos ecolóxicos de producción propia, tanto en invernadoiro como ao aire libre.
  • Arroupa Santiago EIL, SLU. Santiago de Compostela Recollida de roupa e calzado usado, clasificación e valorización de roupa, venda e entrega social de roupa en tendas propias.
  • Properdis EIL, SL. Ribeira. Construción de edificios, rehabilitación, reformas, obra menor. Servizos medioambientais e forestais.
  • Compostela Inserta EIL, SL. Santiago de Compostela. Recollida de aceite vexetal usado. Limpeza de empresas, oficinas, comunidades de propietarios. Portes, mudanzas e servizos.
  • Conservas Anaco EIL, SL. Santiago de Compostela Preparación de conservas de anchoa do Cantábrico en aceite de oliva.
  • Cormo Integral EIL, SL. Vigo Xardinería, creación de zonas verdes, xardíns, rego automático. Forestais: roza e poda.
  • Feito Pontevedra EIL, SL. Xardinería, forestais e medioambientais. Repoboación forestal e tratamentos silvícolas.
  • Servicios Comerciales de Inserción Laboral EIL, SL. Vigo. Recollida de roupa e calzado usado, clasificación e reciclaxe de roupa, venda e entrega social de roupa.
  • Vivir do Traballo EIL, SL. Pontevedra. Servizos de recollida a domicilio de téxtil, equipamento do fogar, reciclaxe e reutilización dos mesmos. Servizos de limpeza industrial e doméstica.