NOVO ENCONTRO INFORMATIVO SOBRE AS EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL EN VIGO

Xan 20, 2015 | Novas

AEIGA Celebra un encontro en Vigo para a difusión das figuras da Empresas de inserción laboral

 

AEIGA, continuando coa súa labor de difusión das Empresas de Inserción Laboral que  leva realizando varios anos consecutivos, trasladase  a Vigo para levar a cabo un novo encontro de difusión das figuras da Empresas  de inserción, poñendo a disposición dos interesados toda a información  necesaria ás mesmas e organizando un encontro onde se atoparan os técnicos e  directivos das empresas de inserción galegas, para facer unha introdución a un  mundo, non aínda moi coñecido como son as Empresas de inserción Laboral.
Para  este encontro AEIGA conta coa colaboración da Empresa de inserción sita en Vigo  (Cormo Integral) para poder levar a cabo unha toma de contacto directa e real, co  mundo das Empresas de inserción, así como tamén é posible a  participación de outras Empresas de inserción  como é Sercoga, que ten a súa sede en Ourense, e Properdis sita en Ribeira.
Prevese, ademais, a colaboración do Concello de Vigo, con algunha participación nas  xornadas (o alcalde Abel Caballero que procederá ó peche das mesmas), así como a  intervención de persoal da Xunta de Galicia pertencente a Consellería de Traballo  e Benestar do ámbito de Promoción do Emprego. Vai dirixida tanto a técnicos,  directivos e demais persoal das Eil, traballadores/as sociais, estudantes e  persoas con interese xeral.

Obxectivos:

-Dar a coñecer a existencia da  figura das empresas de inserción.
-Sensibilización sobre que é  unha empresa de inserción e a súa labor.
-Informar sobre a existencia  de diferentes empresas de inserción de Galicia.
-Crear un lugar de encontro  entre especialistas  na materia.

carmen avendaño y abel caballeroCarmen Avendaño (vicepresidenta de AEIGA) xunto ao alcalde de Vigo, Abel Caballero durante as xornadas

Abrir chat
1
Necesitas axuda?
Ola 👋, en que podemos axudarte?