Novo Estudo de Sostibilidade das Empresas de Inserción Galegas

Out 14, 2024 | Novas

Estudo de Sostibilidade das Empresas de Inserción

Desde AEIGA, Asociación de Empresas de Inserción de Galicia, presentamos o noso primeiro Estudo de Sostibilidade das Empresas de Inserción socias de AEIGA, unha análise pioneira que pon en valor o traballo das nosas empresas socias en materia de sostibilidade e responsabilidade social. Este informe, elaborado en base aos principios do estándar Global Reporting Initiative (GRI) e aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), ofrece unha visión integral do impacto social, ambiental e económico das empresas de inserción na nosa comunidade.
O estudo analiza en profundidade tres dimensións clave da sostibilidade – social, ambiental e gobernanza – destacando as boas prácticas, retos e oportunidades que as nosas empresas atopan no seu camiño cara á creación dun futuro máis sostible e inclusivo. A través de datos reais e un enfoque comprometido co desenvolvemento sostible, conseguimos plasmar o esforzo conxunto das empresas de inserción galegas por mellorar a súa eficiencia operativa e fortalecer a súa responsabilidade corporativa, aportando valor ao conxunto da sociedade.

Obxectivos do Estudo:
• Ofrecer un diagnóstico detallado do estado da sostibilidade nas empresas de inserción galegas.
• Identificar boas prácticas e áreas de mellora en aspectos como a pegada de carbono, a xestión de residuos, a igualdade de oportunidades e a transparencia en gobernanza.
• Servir como ferramenta de apoio e mellora continua para as empresas de inserción e para o conxunto da economía social.
• Visibilizar o traballo das nosas entidades socias, reforzando o seu papel como axentes clave na consecución dos ODS en Galicia.
Con este estudo, AEIGA busca reforzar o compromiso do sector coa sostibilidade, avanzando na súa misión de promover un modelo de negocio responsable, inclusivo e centrado na creación de oportunidades para persoas en risco de exclusión. Convidámosvos a descargar o informe e a descubrir como as empresas de inserción galegas contribúen ao desenvolvemento sostible.

Descarga o Estudo de Sostibilidade das Empresas de Inserción Galegas -Descarga

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2024-2025 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaria Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.