AEIGA lanza un novo curso sobre o emprendemento e empresas de inserción no ámbito da economía circular.
Obxectivos:
– Aportar coñecementos de carácter técnico e prácticos relacionados coa creación de empresas de inserción laboral e o emprendemento.
– Recoñecer as oportunidades de emprego baseadas na economía circular.
– Adquirir as capacidades e habilidades necesarias para emprender proxectos empresariais no marco da economía circular e as empresas de inserción laboral.
Destinatarios:
– Persoas emprendedoras
– Entidades de iniciativa social
– Cidadanía en xeral
- Cando? Días 22, 23, 24, 30 e 31 de marzo
- Onde? Edificio Cersia, Santiago de Compostela
- Horario? de 09:00h a 14:00h
- Duración: 25 horas
- Formato: Presencial
Inscrición: Gratuíta – medioambiente@aeiga.org
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2022 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social.