O Emprendemento e Empresas de Inserción: Sectores estratéxicos- Economía circular

Feb 21, 2023 | Cursos, Novas

AEIGA lanza un novo curso sobre o emprendemento e empresas de inserción no ámbito da economía circular.

Obxectivos:

– Aportar coñecementos de carácter técnico e prácticos relacionados coa creación de empresas de inserción laboral e o emprendemento.

– Recoñecer as oportunidades de emprego baseadas na economía circular.

– Adquirir as capacidades e habilidades necesarias para emprender proxectos empresariais no marco da economía circular e as empresas de inserción laboral.

Destinatarios:

– Persoas emprendedoras

– Entidades de iniciativa social

– Cidadanía en xeral

  • Cando? Días 22, 23, 24, 30 e 31 de marzo
  • Onde? Edificio Cersia, Santiago de Compostela
  • Horario? de 09:00h a 14:00h
  • Duración: 25 horas
  • Formato: Presencial

Inscrición: Gratuíta  –     medioambiente@aeiga.org

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2022 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social.

Abrir chat
1
Necesitas axuda?
Ola 👋, en que podemos axudarte?