O EMPRENDEMENTO: O CASO DAS EIL: PONTES AO MERCADO LABORAL

Mar 16, 2023 | Cursos, Novas, Xornadas

AEIGA a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade: Emprendemento en Economía Social: O caso das Empresas de Inserción Pontes ao mercado laboral

FORMATO PRESENCIAL

  • 22 de marzo de 2023 no CIFP Compostela Ciclo de Integración Social – de 12:30 a 14:30 hs
  • 29 de marzo de 2023 na Facultade de Dereito – USC de 12:00 a 14:00 hs

PERSOAS DESTINATARIAS:
As accións do proxecto van dirixidas a persoas menores de 30 anos, alumnado do CIFP Compostela e Facultade de Dereito -USC

OBXECTIVO:
• Difundir e sensibilizar sobre a figura das empresas de inserción laboral e a inserción sociolaboral en Galicia.
• Complementar a formación técnica e práctica dos futuros profesionais das áreas xurídica, económico-empresarial e social das empresas de inserción.

CONTIDOS:
• A Empresa de Inserción Laboral
• Emprego nas empresas de inserción
• Os persoas traballadoras en Inserción
• Creación de novas EIL: elaboración do proxecto para a creación dunha empresa de inserción.
• Promoción das Empresas de Inserción

Máis información www.aeiga.org         881 957452 – 698 120 455

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2022 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social.

Abrir chat
1
Necesitas axuda?
Ola 👋, en que podemos axudarte?