Camiño da Inclusión: unha viaxe cara a unha vida digna
Dende a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA) presentamos o vídeo Camiño da Inclusión: viaxe a unha vida digna, unha peza audiovisual que pon en valor o papel fundamental das Empresas de Inserción na construción dunha sociedade máis xusta, inclusiva e sostible.
A través deste vídeo achegámonos ao día a día das Empresas de Inserción da provincia da Coruña: os seus espazos de traballo, os produtos e servizos que ofrecen, e, sobre todo, as historias reais das persoas que forman parte destes proxectos.
Porque detrás de cada emprego hai unha oportunidade.
E detrás de cada oportunidade, unha historia de superación.
Os testemuños recollidos amosan o impacto real destas iniciativas:
“Non só é un traballo, é volver sentirme útil e recuperar a confianza en min mesma.”
https://www.linkedin.com/feed/update/urn:li:activity:7410311409617506304
Esperámoste o venres 26 de decembro na Cidade da Cultura sala OFF ás 16hs
👉 Porque apoiar ás Empresas de Inserción é apostar polas persoas.
Actividad subvencionada en exclusiva por la Diputación de A Coruña, mediante la convocatoria del Programa de subvenciones dirigida a entidades empresariales sin ánimo de lucro de la Provincia de A Coruña para la realización de actividades de promoción económica, durante el año 2025 (FOENAA 2025).