Prioridade para contratación en Raxoi aos centros especiais de emprego e EMPRESAS DE INSERCION

08.04.2017

Santiago de Copostela.  A xunta de goberno Local acordou onte ampliar as áreas de actividade nas que o Concello pode facer reserva de contratos a centros especiais de emprego e empresas de inserción. Así o explicou onte o alcalde, que incidiu en que o goberno local quere darlle prioridade a este tipo de centros, por encima das grandes empresas, á hora de adxudicar determinados servizos. Ata agora, os centros especiais de emprego e empresas de inserción prestan no Concello de Santiago servizos relacionados co mantemento de zonas verdes e coa recollida de residuos, en concreto de papel, pero con esta decisión amplíase a posibilidade de facer reserva de contratos nas áreas de mantemento e conservación de bens inmobles; servizos de restauración, cátering e hostalería; servizos auxiliares de conserjería; dixitalización e tratamento documental; artes gráficas; mensaxería e servizos relacionados con actividades de especial perspectiva social. A reserva de emprego deberá especificarse nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, na denominación ou título do contrato e no anuncio de licitación.

A proposta de alcaldía relativa ás áreas de actividade obxecto da reserva de contratos a centros especiais de emprego e empresas de inserción e condicións para garantir o seu cumprimento. Acórdase que as áreas de actividade obxecto dos contratos ou lotes que se poden reservar a centros especiais de emprego ou empresas de inserción laboral son as seguintes:
Mantemento e conservación de zonas verdes
Mantemento e conservación de bens inmobles
Servizos de restauración, catering e hostalería
Recollida e transporte de residuos
Servizos auxiliares e de conserxería
Servizos de dixitalización e tratamento documental
Servizos de artes gráficas
Servizos de mensaxería
Servizos relacionados con actividades de especial perspectiva social A Xunta de Goberno poderá ampliar a reserva a outros obxectos contractuais atendendo á súa adecuación ás prestacións dos centros e das empresas ás que se refire este punto. A reserva deberá especificarse nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, na denominación ou título do contrato e no anuncio de licitación.