REQUISITOS PARA A CUALIFICACION COMO EIL

DESENVOLVER ACTUACIÓNS DE INSERCIÓN

Proporciona ás persoas traballadoras en proceso de inserción as seguintes medidas de apoio personalizas:

  • Formación profesional
  •  Adquisición de hábitos sociais de traballo
  •  Acompañamento social

FORMA XURÍDICA

  • Sociedades mercantís (SL, SA)
  • Sociedades laborais (SLL, SAL)
  • Sociedades cooperativas
    (Legalmente constituídas e que cumpran os requisitos da lexislación sobre E.I.L.)

ENTIDADES PROMOTORAS

Poden ser promotoras de empresas de inserción laboral:

  • Entidades ou corporacións de dereito público
  • Entidades sen ánimo de lucro
  • Fundacións
    Sempre que teñan dentro do seu obxecto social: A inserción social de persoas en situación ou risco de exclusión social e participen coa seguinte % de participación mínima no capital social:

    • 51% para sociedades mercantís
    • 49% para sociedades laborais
    • 33% para sociedades cooperativas

Nº TRABALLADORES EN INSERCIÓN

  • Mínimo do 30% respecto ao total do cadro en cómputo anual, (agás os límites específicos para S.coops e de S.laborais)
  •  Nunca menos de 2, agás empresas de 4 ou menos traballadores que terán polo menos 1
    (Para acreditar a % indicada computaranse tanto os traballadores por conta allea como os socios traballadores. Deben entenderse en cómputo horario de xornada completa)

OUTROS REQUISITOS

  • Non ter vinculados os balances, as contas de resultados e o patrimonio a actividades económicas distintas das do obxecto social
  • Aplicar o 100% dos resultados ou dos excedentes dispoñibles de cada exercicio económico á mellora ou ampliación das estruturas produtivas e de inserción de E.I.L., ou a programas de inserción sociolaboral das entidades promotoras

TRÁMITES DA CUALIFICACIÓN E.I.L.

REXISTRO DE E.I.L.

  • Rexistro público e gratuíto de carácter administrativo
  • Depende da D. X. de Promoción do Emprego da Cons. Traballo e Benestar da Xunta
  • Non substitúe á obriga de rexistrar a sociedade no rexistro correspondente segundo a natureza xurídica (R.M., R.Coop.)
  • A inscrición rexistral é condición previa para acceder ás axudas públicas específicas

REQUISITOS INSCRICIÓN E.I.L.

  • Incluír na súa denominación social “Empresa de Inserción Laboral” ou a abreviatura “E.I.L.”
  • Estar constituída legalmente e inscrita no rexistro correspondente á súa natureza xurídica (RM, RCoop, ..)
  • Cumprir os requisitos esixidos para ser cualificadas como E.I.L. recollidos no Decreto 156/2007 e mediante o procedemento específico regulado pola Orde de 29/12/08

DOCUMENTACIÓN

  • Denominación social
  • Memoria que acredite a viabilidade económica, técnica e financeira do proxecto
  • CIF e escritura, estatutos ou outra documentación das entidades promotoras
  • CIF, escritura e estatutos da E.I.L.
  • DNI representantes legais
  • Relación de traballadores
    (Prazo de resolución: 6 meses Silencio: positivo)

OBRIGAS E.I.L.

  • Comunicar as modificacións estatutarias que poidan afectar á súa cualificación (prazo 2 meses)
  • Plan de actividades e orzamento anual con anterioridade ao exercicio
  • As contas anuais e o informe de xestión de cada exercicio económico (prazo 6 meses dende o peche do exercicio)
  • O balance social anual (informe dos resultados de inserción) (prazo 6 meses dende peche exercicio)

CAUSAS DA PERDA DA CUALIFICACIÓN

  • Incumprimento da finalidade principal da E.I.L.: a integración sociolaboral
  • Perda ou incumprimento dos requitos de cualificación
  • Incumprimento das obrigas como E.I.L.
  • Transformación, fusión, absorción, segregación (teñen que cualificarse as novas sociedades como E.I.L.)
  • Peche ou disolución da empresa