
creacion de empresas e empresas de insercion laboral para o fomento da insercion sociolaboral
O presente programa Creación de empresas e Empresas de Inserción Laboral para o fomento da inserción sociolaboral está subvencionado en exclusivo pola Deputación da Coruña, mediante a Convocatoria do programa de subvencións dirixido a entidades para actividades de promoción económica, durante o ano 2022 (FOENAA/2022).
Convocatorias e incio das formacións:
- 05 de decembro de 2022
- 12 de decembro do 2022
- 19 de decembro do 2022
- 26 de decembro do 2022
Formación GRATUITA, dirixida a poboación xeral e entidades sociais que estean interesadas na constitución dunha Empresa de Inserción.
INSCRICIÓN: aeigagalicia@aeiga.org
PROGRAMA DO CURSO FORMATIVO:
A Empresa de Inserción Laboral
Bloque I
- Concepto de empresa de inserción laboral.
- Entidades promotoras de empresas de inserción laboral.Procedemento de constitución e cualificación.
- Oportunidades de negocio no ámbito das empresas de inserción laboral
- Elaboración do proxecto de empresa de inserción.
- Principais atrancos para a posta en marcha dunha empresa de inserción laboral.
Bloque II O Traballador en Inserción
- Características da persoa traballadora susceptible de ser contratada en inserción.
- Factores de exclusión social.
- Características da contratación. O contrato en inserción.
- Itinerarios e convenios de inserción.
Bloque III Promoción das Empresas de Inserción
- Servizo de promoción, divulgación e sensibilización das empresas de Inserción da Asociación de Empresas de Inserción de Galicia.
Bloque IV Presentación das Empresas de Inserción
Nesta última parte da formación contaremos coas entidades socias de AEIGA para dar o testemuño das empresas de inserción dende unha visión experiencial que permita aprender e compartir o camiño xa realizado polas outras entidades.
A nosa entidade conta con persoal especializado na materia para impartir a correcta formación, así como a titorización, valoración e seguimento das posibles ideas e elaboración do plan de empresa.
Compromiso coa utilización da lingua Galega en todo o programa (execución, impartición e contido da formación).
Cartel

plataforma de telefomación