Programa EMPREG-HABILIDADES 2024

Feb 14, 2024 | Cursos, Novas

O obxectivo xeral é mellorar a empregabilidade das persoas en risco ou en situación de exclusión social a partir da realización de módulos formativos.  


A oferta formativa busca dar resposta á necesidade de dar formación dentro dos itinerarios de inserción de persoas traballadoras nas Empresas de Inserción, como mecanismo de profesionalización e estandarización da formación nos itinerarios de inserción.

Co apoio da Fundación José Otero – Carmela Martínez e a través deste programa podemos garantir unha preparación transversal mediante un contido interdisciplinar que garantice unha formación completa e útil para os individuos.

A execución do proxecto conta ademáis cunha serie de obxectivos específicos, entre os cales se atopan: 

-Contribuir aos itinerarios de inserción das Empresas de Inserción coa realización de 16 accións formativas (2 convocatorias no ano) 

-Mellorar a empregabilidade de 300 persoas en risco ou exclusión social

-Adecuar a formación as necesidades dos colectivos de 3 novas propostas formativas

-Consolidación das empresas de inserción da comunidade autónoma

O programa enmárcase dentro das actividades dirixidas a persoas en risco ou situación de exclusión ou especiais dificultades de inserción social e laboral a partir dunha oferta formativa e de acompañamento mediante a Plataforma de Formación Virtual e actividades de seguimento e titorización continua das persoas participantes. 

Xa está aberto o prazo inscrición para a primeira convocatoria que dará comezo no mes de marzo.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.