Peche do Programa Empreg-Habilidades 2025
Desde a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia damos por finalizada a edición 2025 do Programa Empreg-Habilidades, unha iniciativa que ao longo deste ano permitiu seguir reforzando a empregabilidade e as competencias persoais e profesionais das persoas en situación ou risco de exclusión social, en colaboración coas Empresas de Inserción e as entidades socias da nosa rede.
Queremos expresar un especial agradecemento á Fundación José Otero – Carmela Martínez pola confianza depositada na nosa entidade e polo seu apoio decidido ao Programa Empreg-Habilidades 2025. A súa colaboración resultou fundamental para facer posible o desenvolvemento das accións formativas e para avanzar na mellora das oportunidades laborais das persoas con maiores dificultades de acceso ao emprego.
Desde AEIGA valoramos moi positivamente os resultados acadados nesta edición e manifestamos o noso firme desexo de dar continuidade ao programa en 2026, co obxectivo de seguir contribuíndo á inclusión sociolaboral, á igualdade de oportunidades e ao fortalecemento das Empresas de Inserción como ferramenta clave da Economía Social en Galicia.
Seguimos traballando para construír un mercado laboral máis xusto, inclusivo e sostible.
