Continuando co proxecto Camiño da inserción, queremos comentarche: Que son as Empresas de inserción e por que importan
As Empresas de Inserción (EI) son proxectos empresariais con alma social. Combinan actividade económica real coa formación e acompañamento personalizado de persoas que se atopan nun momento vital vulnerable.
O seu impacto vai moito máis alá do emprego:
- Melloran a empregabilidade das persoas participantes.
- Rexuvenecen o tecido económico local.
- Impulsan unha economía sostible e comprometida cos ODS.
- Xeran oportunidades reais onde antes había barreiras.
Con Camiño da Inclusión queremos que cada vez máis empresas, administracións e persoas consumidoras recoñezan o valor de apostar por produtos e servizos con impacto social positivo.

