AEIGA é unha entidade sen ánimo de lucro que agrupa empresas de Inserción laboral de Galicia.

AEIGA como entidade une nela dous perfís complementarios:

  • É unha asociación empresarial, representante da patronal que axunta ás empresas de Inserción en Galicia.
  • É, ademáis, unha entidade social sen ánimo de lucro que está a traballar activamente no ámbito da inclusión sociolaboral dos colectivos denominados en risco de exclusión social.

Dende AEIGA buscamos impulsar o coñecemento e difusión da figura das Empresas de Inserción Laboral e tamén impulsar a creación de nova Empresas de Inserción como modo de loita contra a exclusión social e ferramenta de inserción laboral das persoas en situación ou risco de exclusión social a través do apoio aos proxectos de creación de novas empresas de inserción laboral.