PRESENTACIÓN RADAR DIVERSIDADE

Xuñ 2, 2025 | Novas, Sin categoría

O Radar da Diversidade é unha ferramenta creada por AEIGA para apoiar ás Empresas de Inserción na promoción da igualdade, a tolerancia e a visibilidade das diversidades sexoafectivas e de identidade de xénero no seu día a día.

O seu obxectivo é ofrecer un punto de partida para avaliar o nivel de diversidade e inclusión nas organizacións, identificar boas prácticas xa implantadas e detectar áreas de mellora.

A través dun cuestionario específico, as Empresas de Inserción poden obter unha visión clara do seu compromiso coa diversidade, facilitando a implementación de accións e políticas máis inclusivas.

Este instrumento forma parte do compromiso de AEIGA coa construción de entornos laborais respectuosos, seguros e libres de discriminación.

O Radar da Diversidade está destinado ás Empresas de Inserción de Galicia e estará dispoñible ata o 15 de setembro.  O cuestionario será enviado por correo electrónico para a súa cumplimentación.

Este proxecto lévase a cabo co apoio do Concello de Santiago, dentro do XII Proxecto en Igualdade.

Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.