O Servizo de promoción de Empresas de Inserción promovido pola Asociación de Empresas de Inserción de Galicia ten como obxectivo impulsar a creación de Empresas de Inserción como modo de loita contra a exclusión social e ferramenta de inserción laboral dos colectivos con maior dificultade para acceder ao mercado laboral (aqueles que se apotan en situación ou risco de exclusión social).

Estruturase como un servizo de asesoramento, titorización e apoio a aquelas entidades de iniciativa social que pretendan por en marcha proxectos de creación de empresas de inserción laboral.

Dito servizo funciona de maneira presencial e tamén on-line co fin de ofrecer a maior cobertura e facilidade de acceso aos interesados.

OBXETIVOS

  • Difusión da figura das empresas de inserción laboral entre as entidades que traballan no ámbito da inclusión sociolaboral
  • Asesoramento e titorización individualizada de proxectos empresariais para a creación de empresas de inserción laboral
  • Análise da viabilidade técnica, económica e financiera dos proxectos de creación de empresas de inserción laboral
  • Acompañamento nos procesos de constitución e cualificación
  • Asesoramento ás empresas de inserción xa creadas nas áreas económica, administrativa e laboral e na xestión de axudas públicas

ACTIVIDADES

  • Campañas de información e sensibilización sobre a figura das empresas de inserción laboral
  • Asesoramento e titorización personalizada, tanto presencial como on-line, para a elaboración de proxectos de creación de novas empresas de inserción laboral
  • Estudo da viabilidade inicial das ideas de negocio presentadas polas entidades interesadas
  • Estudo da viabilidade técnica, económica e financeira dos proxectos empresariais elaborados
  • Acompañamento individualizado durante os trámites de constitución da empresas e de cualificación como empresas de inserción laboral así como na procura do financiamento necesario.
  • Cursos de formación a técnicos de entidades tanto públicas como privadas na creación de empresas de inserción e nos aspectos básicos da súa xestión (laboral, contable, fiscal, …)
  • Consultas on-line sobre aspecto puntuais das empresas de inserción laboral