XESTIÓN LOCAL CON IMPACTO- FOMENTO DA CONTRATACION RESERVADA E COMPRA RESPONSABLE EN SECTORES ESPECIFICOS DA ECONOMÍA SOCIAL EN ENTIDADES LOCAIS

Mar 7, 2024 | Novas

Desde AEIGA queremos trasladar o noso agradecemento pola participación e asistencia no acto que organizamos  xunto  a CEGASAL e chegar a ligazón ao vídeo “Folla de ruta para a contratación reservada”, que proxectamos na xornada. Para ver a sesión gravada da xornada preme na ligazón. 

Ademáis nas nosas respectivas webs podedes atopar máis información:

AEIGA, catálogo de empresas de inserción de Galicia, así como documentación relacionada coa contratación reservada e sobre a contratación pública no sector dos residuos textís.

CEGASAL, guía de empresas dos centros especiais de emprego de economía social.

Recordamos que sigue activa a ENQUISA para aqueles de vós que aínda non tivéchedes ocasión de facelo. Nos é de gran axuda contar coa vosa opinión para seguir mellorando.

Un cordial saúdo,

Organización e colaboradores

Este evento é parte do programa de actuación 2023-2024 da Rede Eusumo, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, financiado polo Ministerio de Traballo e Economía Social.

Conta coa colaboración do Concello de Santiago e o patrocinio de Fiare Banca Ética.

Abrir chat
1
Necesitas axuda?
Ola 👋, en que podemos axudarte?