IV XORNADA DE EMPREGO – RIBADUMIA – 23 DE NOVEMBRO 2018

Nov 21, 2018 | Novas


Aeiga participará o  próximo venres día 23 de novembro, en horario de 10 a 14 horas no concello de Ribadumia na IV Xornada de Emprego.  Terá lugar no Anfiteatro do Auditorio Municipal de Ribadumia. Unhas xornadas que tratan de achegar tanto as ofertas de emprego ós veciños e veciñas do municipio e da contorna, como formación e pautas para mellorar a busca de emprego e que os resultados sexan óptimos. Deste xeito o programa previsto da comezo coa presentación do servizo de Orientación Laboral do Concello de Ribadumia, así como da oferta formativa deste e das axudas municipais dispoñibles para emprendedores/as.  A continuación será a presentación das empresas de traballo temporal, Synergie O Grove e Eurofirms Vilagarcía, as cales estarán realizando entrevistas persoais durante toda a xornada. A continuación AEIGA (Asoc. De empresas de insercción laboral de Galicia) explicará o seu papel na inclusión laboral de persoas en risco de exclusión social. A media mañá terá lugar a mesa redonda sobre emprego e discapacidade, dando resposta a cuestións como ¿ é recomendable comentar nunha entrevista de traballo que teño unha discapacidade recoñecida?. Para isto estarán con nos COGAMI, FAXPG ou inserta empleo. Por suposto as TIC, dada a súa relevancia na sociedade 4.0, terán o seu momento durante o cal se fará énfase no teléfono móbil como ferramenta de procura de emprego. Baixo o título da ponencia “APPúntaste a traballar??!!!” será José Antonio Piñeiro Sineiro, membro de AFIPRODEL Galicia o encargado de tratar o área TIC no emprego e reflexionar sobre os principais erros a evitar nunha entrevista de traballo. E para pechar unha xornada con eminente carácter práctico que mellor que unha ponencia que nos axude a movilizar os recursos persoais cos que conta cada unha das persoas que participan desta xornada para esa procura de emprego ou para deixar voar o seu espíritu emprendedor.

Abrir chat
1
Necesitas axuda?
Ola 👋, en que podemos axudarte?