XORNADA INFORMATIVA: Como crear unha Empresa de Inserción Laboral dende as organizacións do Terceiro Sector

27 DE MAIO DE 2021
• FORMATO TELEMÁTICO: platafoma zoom
• 10:00 A 12:00 hs.

Coa participación de EAPN GALICIA

Inscricións:
– Gratuíta
– Previa inscrición no formulario  ou por correo electrónico aeigagalicia@aeiga.org
Máis información www.aeiga.org 881 957452 – 698 120 455

Obxectivos da formación:

  • Promocionar e difundir  entre as organizacións dos Terceiro Sector de Acción Social a a  figura das Empresas de Inserción Laboral existentes na comunidade galega dentro do marco da economía social.
  • Dar a coñecer os procedementos para a constitución e cualificación das  empresa de inserción laboral (EIL).
  • Trasladar a experiencia práctica no traballo diario nas EIL.

Contidos propostos:

  • Principios e valores da economía social na actualidade.
  • Concepto de Empresa de Inserción e das entidades promotoras.
  • Interese e beneficios de crear una EIL para unha ONG do Terceiro Sector Social.
  • Procedemento e constitución e cualificación das EIL.
  • Características da persoa traballadora susceptible de ser contratada en inserción polas EIL.
  • Xestión de alianzas para o desenvolvemento do traballo nas EIL, cara a creación de novas empresas.

Dirixido a :

  • Profesionais das entidades sociais do Terceiro Sector
  • Persoal interesado na economía social e de ampliar coñecementos sobre as EIL.

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2021 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social