XORNADA INFORMATIVA SOBRE EMPRESAS DE INSERCION
AEIGA levará a cabo a Xornada informativa sobre Empresas de Inserción Laboral o día luns 9 de novembro de 2020, na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela en horario de 16 a 18hs.

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2019-2020 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social.