XORNADAS INFORMATIVAS SOBRE EMPRESAS DE INSERCION LABORAL – FORMACIÓN PROFESIONAL

AEIGA levará a cabo a Xornada informativa sobre Empresas de Inserción Laboral o día mércores 7 de novembro de 2018, en horario de 9:00 a 11:00hs no CIFP Compostela; actividade subvencionada pola  Consellería de Política social (DX de inclusión social)a través da orde do 13 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para os anos 2018, 2019 e 2020 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020).