XORNADAS SOBRE EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL – UNIVERSIDADE

AEIGA levará a cabo a Xornada informativa sobre Empresas de Inserción Laboral o día mércores 21 e xoves 22  de novembro de 2018, na Facultade de ciencias Económicas e Empresariais; as actividades subvencionadas pola  Consellería de Política social (DX de inclusión social)a través da orde do 13 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para os anos 2018, 2019 e 2020 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020).