As empresas de inserción laboral
Que son?
As EIL son instrumentos que permiten ás persoas en situación ou risco de exclusión sociolaboral realizar unha aprendizaxe nunha contorna laboral real mediante o traballo nun posto por conta allea remunerado.
Son empresas
Producen bens e prestan servizos no mercado. Xeran actividade e riqueza económica na comunidade, cun compromiso claro co desenvolvemento local, a cohesión social e a sustentabilidade.
Creadas por entidades
Están impulsadas por unha o varias entidades sen ánimo de lucro (incluídas as entidades de dereito público) cuxo obxecto social contemple a inserción social de persoas especialmente desfavorecidas.
Sen ánimo de lucro
Na empresa de inserción, segundo a normativa autonómica, os excedentes dispoñibles obtidos en cada exercicio aplícanse á mellora ou ampliación das estruturas produtivas ou á promoción de actividades de inserción sociolaboral.
Finalidade social
Son unha ferramenta de inclusión social que prepara a persoas que se atopan en situación de vulnerabilidade ou exclusión social para incorporarse ao mercado laboral ordinario.
Persoas beneficiarias
Son entidades que traballan con persoas que pertencen a colectivos en situación ou risco de exclusión social, sendo estas as súas beneficiarias directas.
Ponte ao mercado laboral
Funcionan como tránsito cara ao mercado laboral ordinario mediante os itinerarios de inserción personalizados (inclúen formación profesional, adquisición de hábitos sociais de traballo e acompañamento social).
Acompañamento como modelo de intervención
Empregan o acompañamento como modelo de intervención encamiñado a satisfacer ou resolver problemas específicos derivados da situación de exclusión.
Retorno á Administración
As EIL contribúen a transformar as políticas pasivas en activas e a aumentar a rendibilidade dos investimentos públicos.
Servizos de Interese Económico Xeral
Son Entidades Prestadoras de Servicios de Interés Económico Xeral (apartado 4 do art. da Ley 31/2015, de 9 de septiembre – modificación da Ley 5/2011, del 30 de septiembre)
Economía social
Forman parte da economía social regulada na Lei 6/2016, do 04 de maio.
Normativa aplicable en materia de empresas
de inserción laboral
Normativa estatal
- Lei 44/2007, do 13 de decembro, que establece a regulamentación do réxime das empresas de inserción. (BOE 14 decembro 2007).
- Real decreto 49/2010, do 22 de xaneiro, polo que se crea o Rexistro Administrativo de empresas de inserción, do Ministerio de Traballo e Inmigración.
Normativa autonómica
- Decreto 178/2022, do 15 de setembro, polo que se regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción en Galicia e o seu rexistro administrativo.(DOG Num. 209 do 15 de setembro de 2022).
- Orde da Consellería de Traballo do 29 de decembro de 2008 pola que se regulamenta o procedemento de cualificación e rexistro das Empresas de Inserción.
Axudas
Orde do 30 de decembro de 2022
Pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (códigos de procedemento TR356A e TR356C). DOG nº 25 do 6 de febreiro de 2023.
Bonificacións á seguridade social
Para o contrato de traballo para traballadores desempregados contratados por empresas de inserción contemplado na Lei 44/2007 de Empresas de Inserción. Bonificación da cota empresarial en 70,83 €/mes ou 850€/ano, durante un máximo de tres anos ou a vixencia do contrato. Lei 43/2006, do 29 de decembro, para a mellora do crecemento e do emprego. Boletín Oficial do Estado do 30 de decembro do 2006.