ENCONTRO EMPRESARIAL: FOMENTO DAS EMPRESAS DE INSERCIÓN CORUÑA

Out 6, 2020 | Xornadas

AEIGA organiza unha serie de encontros empresarias para o fomento das Empresas de Inserción en Galicia.

OBXECTIVO:

  • Promocionar e difundir a figura das Empresas de Inserción Laboral existentes na comunidade galega dentro da sociedade a través das empresas privadas.
  • Establecer convenios de colaboración e/ou sinerxias coas empresas privadas de cara a contratación dos servizos e produtos ofrecidos polas Empresas de Inserción Laboral.
  • Eliminar as ideas preconcibidas e prexuizosas sobre as Empresas de Inserción Laboral e os seus traballadores en inserción mostrando ditas empresas como empresas plenamente operativas, eficaces e capaces no seu ámbito de actuación.
  • Pór en contacto as Empresas de Inserción Laboral e as empresas privadas, previo coñecemento das súas necesidades, estando a disposición do axente que o precise para traballar e colaborar naquilo que se mostre necesario.

 Tendo en conta o éxito dos encontros empresariais realizados en 2019 vemos a necesidade de continuar afianzando nosas relacións comerciais. Para poder cumprir con nosos obxectivos realizaranse 3 encontros empresariais en diferentes cidades Galegas.  Os encontros terán formato comida.  Donde presentaranse a figura das empresas de inserción, as empresas locais da zona de referencia e logo un momento de networking.

Xoves 8 de outubro de 2020   13:30hs

Hotel TRIP MARIA PITA

Esta xornada enmárcase na programación da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha Rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego – Xunta de Galicia, para o fomento e consolidación do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, coa colaboración de EXECUTIVAS DE GALICIA e o apoio da Fundación Jose Otero- CArmela Martinez.

 

[av_gallery ids=’1329′ style=’thumbnails’ preview_size=’portfolio’ crop_big_preview_thumbnail=’avia-gallery-big-crop-thumb’ thumb_size=’portfolio’ columns=’5′ imagelink=’lightbox’ link_dest=” lazyload=’avia_lazyload’ html_lazy_loading=’disabled’ alb_description=” id=” custom_class=” av_uid=’av-2v139f’ admin_preview_bg=”]

Abrir chat
1
Necesitas axuda?
Ola 👋, en que podemos axudarte?