CHARLAS INFORMATIVAS DE SENSIBILIZACIÓN MEDIOAMBIENTAL E FOMENTO DAS EILS

• Inicio 30 DE XULLO DE 2021
• FORMATO PRESENCIAL
• Sesións de 50 minutos

DESCRICION:
Realización de campañas educativas de sensibilización medioambiental e fomento da figura das Empresas de Inserción en centros educativos de formación primaria, ESO e Bacherelato. A actividade terá unha duración de 50 minutos aprox (hora-clase) no grupo clase.
OBXECTIVOS:
• Sensibilización no ámbito da educación (diversos Centros Educativos de Galicia, sobre todo nas cidades onde as Empresas de Inserción prestan os seus servizos).
• Fomentar entre os escolares a adquisición de hábitos de redución e reciclado do residuo.
• Integrar o entorno escolar co familiar.
• Fomentar a capacidade de compromiso do alumnado nunha actividade conxunta na que a colaboración de todos sexa indispensable e trasladar dita responsabilidade a outras actividades e esferas da súa vida.
• Difusión e coñecemento das Empresas de Inserción Laboral.
• Fomento da Responsabilidade Social coas Empresas de Inserción Laboral.

PERSOAS DESTINATARIAS:
– Docentes e persoal da comunidade educativa interesados.
– Nenos/as de colexios públicos e privados.

Máis información www.aeiga.org 881 957452 – 698 120 455

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2020-2021 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social.